VI Xuntanza Folclórica en Mañufe

FOTO: ASOCIACIÓN CULTURAL SAN VICENTE DE MAÑUFE

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe organiza este sábado 1 de xullo, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra, a súa VI Xuntanza Folclórica. Dende as 20:30 horas actuarán no Torreiro de Mañufe o grupo de gaitas Aires de Santes, as pandereteiras Froleada e o grupo de baile Froles do Galiñeiro de Vincios, o grupo de música tradicional Airiños Novos de Pinzás, o grupo de gaita e baile do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, Os Romanteleiros de Mañufe, o grupo Balcón do Val Miñor de Morgadáns, o grupo de baile e gaitas Fibulas-Swaroskys de Mañufe e o grupo de folk Tradison. Haberá bocadillos a prezos populares.

Anuncios