
O Concello de Baiona traballa nos últimos días na contorna da igrexa de Baredo para engalanar a parroquia con vistas ás Festas da Cela que vanse celebrar a vindeira fin de semana. Con tal motivo operarios municipais están a levar labores de ornamentación floral e diversos arranxos para que todo estea disposto este sábado.
A programación das festas na honra da Virxe da Cela comeza o sábado 1 de xullo coa orquestra Xacobeo e o grupo Samba, encargados de amenizar a gran verbena. O domingo, ás 9:00 da mañá, haberá unha Misa Rezada e ás 12:00 do mediodía, a Banda de Música de Baiona ofrecerá un pasarrúas. Ás 13:00 horas comezará a Misa Solemne cantada pola Coral de Baredo, con posterior procesión acompañada pola mesma Banda de Música. A continuación, gran tirada de lumes. Ás 18:00 horas terá lugar o gran partido de fútbol entre solteiros e casados, e pola noite, as orquestras Pontevedra e Caramelo amenizarán a verbena.
O luns ás 10:00 da mañá haberá pasarrúas a cargo da agrupación Airiños Novos de Pinzás. Ás 12:00 horas celebrarase unha Misa Solemne cantada pola Coral de Baredo, seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo. A continuación, gran tirada de lumes e ás 17:30 horas, as tradicionais cucañas. Pola noite, a orquestra Panorama e o grupo La Oca amenizarán a verbena fin de festa.
