Anuncios
Ticker de novas

Curso de nutrición e cociña saudable no Centro Sociocomunitario de Baiona

En paralelo ao curso “Especial masas”, o Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece outro curso de “Nutrición e cociña saudable”, que se desenvolverá todos os xoves do mes de xullo en horario de 10:00 a 12:30 horas. Contará na dirección do mesmo, ademais de Patricia Martínez, co nutricionista Adrián Martíns.

No curso traballaranse hábitos alimentarios saudables, a importancia das cinco comidas. Elaboraranse petiscos e bocados, ensaladas e aliños, sopas e cremas, potaxes vexetais, cociña con algas… Máis información e inscricións no teléfono 699 231 162.

Anuncios