O Concello de Nigrán informa dun corte de auga este xoves na zona de Priegue

O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal da subministración este xoves 14 de outubro de 9:00 a 18:00 horas que afectará ás seguintes rúas de Priegue: A Cova, Prado, O Rial, Paraviñabal, Sancho, Rabadeira, A Raña, A Barcalleira, Abetos, Alborés Pequeno, Alborés Grande, As Chans, A Regueira, As Rexas. O Concello lamenta as molestias que poida causar este traballo para a mellora do servizo.