Master Class de Zumba na Praza do Concello de Baiona

A Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona, con motivo do fin de curso nas Escolas Deportivas Municipais, organiza unha “Master Class de Zumba” aberta a todos os públicos.

O evento terá lugar na Praza do Concello de Baiona este domingo 25 de xuño ás 19:00 horas e estará dirixido por Roxana Vanessa, monitora de zumba e outras disciplinas no Pavillón Municipal. Colaboran ademais outros 4 monitores, todos eles con licenza oficial para impartir esta actividade: Helena Vicaria (Pamplona), Nuria Méndez (Nigrán) e Ana Freire e Martín Martínez (Baiona).