O CB Nigrán clausurou ao longo desta semana as escolas deportivas que ten nos diferentes colexios de Nigrán.
O último foi onte no CEIP Carlos Casares de Vilariño, onde asistiron á festa de fin de curso organizada polo ANPA e onde entregaron a cada un dos seus alumnos un diploma acreditativo.
O club pecha así a actividade federada e de escolas desta tempada 2016-2017, unha exitosa tempada na que mesmo un dos seus equipos formado por xogadores e xogadoras que proveñen das escolas deportivas proclamáronse campións de liga.
O CB Nigrán traballa xa para a próxima tempada para ampliar as escolas deportivas a novos colexios.

