A Roda chega a Baiona coa xira do seu 40 aniversario

FOTO: A RODA

O Baiverán 2018 continúa este mércores 25 de xullo cun concerto do grupo folk A Roda na xira do seu 40 aniversario, que comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona. Unha viaxe de 40 anos coas cancións máis tradicionais da nosa terra e unha nova fornada de cancións especialmente deseñadas para este xira. O espectáculo está incluído dentro da programación de Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, que leva música, teatro, danza, maxia e novo circo polos municipios das rutas xacobeas.