Investigada unha veciña de Vigo por estafa nunha perruquería e furto na igrexa de Sabarís

FOTO: GARDA CIVIL // Efectos substraídos na Igrexa de Sabarís.

A Garda Civil do Posto Principal de Baiona, nunha actuación conxunta realizada coa Policía Local, investigou onte a unha veciña de Vigo, acusada da comisión dun delito de estafa nunha perruquería e outro de furto nunha igrexa.

Os feitos iniciáronse a última hora da tarde de onte cando unha dotación da Garda Civil e da Policía Local acoden a unha perruquería situada nunha céntrica rúa da parroquia de Sabarís (Baiona), atendendo o requirimento da persoa que estaba á fronte do local, porque unha clienta, que recibira numerosos tratamentos e sesións de beleza, negábase a pagar o importe dos servizos, que ascendían a 422 euros.

Ao identificar esta persoa púidose comprobar que levaba un bolso con bastantes efectos relixiosos que, segundo púidose pescudar posteriormente, subtraéraos do interior da igrexa de Santa Cristina de Sabarís.

Esta persoa deberá comparecer ante a autoridade xudicial, cando sexa citada, acusada da comisión de senllos delitos desta e furto.

Anuncios