Anuncios
Ticker de novas

11 canteiros expoñen as súas obras no Cámping Mougás

Este domingo 25 de xuño ás 12:00 do mediodía inaugúrase unha mostra que reúne obras de 11 canteiros das provincias de Pontevedra e Ourense nas instalacións do Cámping Mougás, concretamente no Circuíto Botánico Monacal (composto por plantas medicinais e aromáticas).

As plantas e as pedras crean unha paisaxe idílica para pasear e gozar dos sentidos. A beleza do conxunto, fai que a vista se perda algúns detalles, que sen dúbida, apreciaranse no transcurso das diferentes visitas. O que observa unha beleza como esta, repite.

O oído goza do son do noso mar, o olfacto recoñece distintos cheiros de máis do centenar de plantas diferentes que posúe o Cámping Mougás. O gusto acentuarase cando se proba algunha infusión natural e o tacto de tocar unha obra en pedra ou acariñar unha ao seu lado é indescritible.

No cartel observardes que contan con Álex Crestar de Baltar (Xinzo), Anxo Braña de Gondomar, Anxo Ferreira da Guarda, Fidalgo do Rosal, Jorge Palero de Gondomar, Manolo Pedras de Galiza, Marcos Escudeiro de Mos, Paco Vila do Rosal. Eu Pelayo, un Canteiro do Rosal e Xabi Garrido de Oia.

A mostra permanecerá ata o 25 de setembro e poderán adquirirse pezas.

11 CANTEIROS EXPOÑEN AS SÚAS OBRAS NO CÁMPING MOUGÁS

Anuncios