Anuncios
Ticker de novas

Noite de San Xoán en Sabarís, Camos, Peitieiros e Vincios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este venres, 23 de xuño, celébrase a noite de San Xoán ao longo e ancho de toda a comarca.

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira de Sabarís ofrecerá a partir das 22:00 horas sardiñas, viño e música no Campo do Barros, situado no Camiño Entrerríos, ao que se accede polo aparcadoiro do restaurante O Muíño. Ás 00:00 horas acenderase a tradicional fogueira, todo amenizado polo grupo Estrela Destroxira.

A Asociación de Veciños, o Centro Cultural e a Comunidade de Montes de Camos organizan a partir das 21:30 horas na Casa da Cultura a tradicional fogueira con sardiñas, empanada, pan e viño gratis para todos os veciños. A velada estará amenizada por Os alegres do Val Miñor.

En Peitieiros, o Centro Cultural e Veciñal, coa colaboración da Comisión de Festas, organiza unha festa con sardiñas e queimada a partir das 22:30 horas. Ás 00:00 horas acenderase a tradicional fogueira, coa música tradicional de “Ecos e Agarimos”.

En Vincios, a Comisión de Festas celebrará a noite de San Xoán na Taberna Santa Mariña cunha gran sardiñada con pan de millo e churrascada a partir das 21:00 horas, amenizada polo Trío Xtra de Vincios. No Centro Cultural, a Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios organiza unha fogueira de San Xoán a partir das 22:00 horas, coa actuación do grupo de gaitas “Aires de Santes”. Haberá prezos populares.

Anuncios