Josué Villar esixe unha retificación pública ao PSOE tras acusalo de perder unha subvención no tripartito

FOTO: GONDOMAR CONCELLO ABERTO

Ante as declaracións do PSOE de Gondomar en diferentes medios, nas que acusa ao concelleiro de Gondomar Concello Aberto Josué Villar da perda dunha subvención correspondente a consecución de mercados de excelencia cando era responsable de Formación, Emprego e Dinamización Económica no goberno tripartito de Gondomar, dende CABE queren manifestar o seguinte:

1. O PSOE de Gondomar minte cunha grave acusación a un concelleiro do grupo municipal de CABE, que non forma parte do goberno de Gondomar dende o 2 de febreiro de 2016, cando pasamos a formar parte da oposición.

2. Dita subvención vén recollida no DOGA do 14 de Xullo de 2016, cando CABE xa levaba meses fóra do Goberno municipal, sendo os únicos responsables da tramitación da subvención no momento da súa publicación o goberno bipartito que preside o sr. Alcalde de Gondomar, Paco Ferreira.

3. Non deixa de sorprendernos a obsesión do alcalde e o partido que lidera con Gondomar Concello Aberto, chegando ata o punto de inventarse unha realidade alternativa na que culpabiliza a un partido da oposición da súa mala xestión do goberno.

4. Dende CABE esiximos unha retificación pública da información publicada nos medios e redes sociais por parte do PSOE, na que minte gratuítamente aos veciños e veciñas de Gondomar, como xa vén sendo habitual.