A Escola de Verán de Baiona acollerá este ano a máis dun centenar de nenos

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O Concello de Baiona aprobou a lista provisional de admitidos na Escola de Verán 2017 con preto dun cento de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. A actividade de conciliación posta en marcha pola Concellería de Igualdade para dar servizo ás familias baionesas tivo unha resposta altamente positiva e foron admitidas todas as solicitudes.

Dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, a Escola de Verán desenvolverase ao longo do mes de xullo, de luns a venres, no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. As familias interesadas presentaron as peticións ata o 20 de xuño no CIM de Baiona e no rexistro municipal. Dende este martes está exposta a lista de admitidos na propia Casa do Concello e no Portal de Transparencia da web municipal (baiona.org). Ademais dos nenos que xa teñen aprobada a súa inscrición na escola, tamén se informa ás familias que deben corrixir documentación incompleta para ser admitidos.

Para máis información poden contactar co CIM de Baiona no teléfono 986 357 554.