Anuncios
Ticker de novas

Daniel Bargiela e Ana Paula Vilar gañan a II Carreira Nocturna PlazaH2K de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída da proba de 10 km.

Daniel Bargiela Araújo proclamouse campión absoluto da II Carreira Nocturna PlazaH2K, evento organizado entre o Concello de Nigrán e as empresas ximnasio Praza Fitness e H2K Seguros. Con preto de medio milleiro de participantes, esta cita que pretende consolidarse no calendario deportivo do municipio estivo apadriñada polo propio Bargiela.

O evento comezou ás 19:00 horas coas categorías inferiores e ás 22:00 a carreira absoluta, que percorreu Nigrán saíndo desde a Casa Consistorial enlazando coa Estrada pola Vía (PO-325) á altura da rúa Telleira, continuando ata A Foz bordeando a península de Lourido para seguir por todo o paseo marítimo ata A Madorra, Tomás Mirambell, Bouzabella, Mariñeiro, Jesús Espinosa, Arquitecto Palacios ata chegar ao Pavillón Municipal de Panxón.

Bargiela, do Bikila, completou os 10 quilómetros de percorrido en 33:20, a 8 segundos de Rubén Pereira Cardalda, que cruzou a meta en segunda posición. O terceiro lugar foi para José Alberto Bastos da Silva, do ADN Runners (35:19).

En categoría feminina, a primeira atleta en cruzar a meta situada xunto ao Pavillón de Panxón foi Ana Paula Vilar Palma (Comesaña Sporting Club), que completou o percorrido en 44:09. 18 segundos despois chegaba Alba Ballesteros Fernández (Lóstregos Coia), e pechando o podio, Ana Isabel Rodríguez Expósito (Fluvial de Lugo Monte Segade), cun tempo de 45:04.

Este ano, ademais, a carreira nocturna divulgou o “síndrome de usher”, enfermidade cunha persoa afectada en Nigrán e da que se coñecen tres casos en toda España.

Anuncios