Gondomar convértese este fin de semana na capital dos afeccionados ás dúas rodas

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Ruta moteira da VI Concentración A Cento Cien.

Como cada ano e xa van seis, o Motoclub A Cento Cien celebra este fin de semana a súa concentración moteira. Durante tres días Gondomar convértese na capital dos afeccionados ás dúas rodas, con múltiples actividades, entre as que destacan rutas moteiras.

Dentro do programa tamén hai tempo para xogos, exhibicións de Miguel González Stuntrider e un concerto de Rock Machines. Tampouco falta a comida e as festas nocturnas amenizadas por DJ Fredy.

A actividade máis multitudinaria é sen dúbida a ruta celebrada na tarde deste sábado, na que participaron centos de pilotos coas súas motos, que completaron un percorrido por A Ramallosa, Praia América, Priegue, Nigrán, Camos e Vilaza para regresar de novo a Gondomar.

O domingo, antes da última comida do evento, entregaranse os premios aos tres motoclubs máis numerosos, ademais de ao primeiro inscrito, ao moteiro máis novo e ao de maior idade, ao moteiro máis afastado e á mellor bandeira.

Durante estes tres días, o Motoclub A Cento Cien espera que pola carpa instalada nas Cercas pasen máis de 2.000 moteiros.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.