Nova xornada de limpeza de especies invasoras do ecosistema dunar de Praia América

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán organiza este sábado unha nova xornada educativa de limpeza de especies invasoras no ecosistema dunar de Praia América-Panxón. Os interesados en participar deben presentarse ás 12.00 horas na Oficina de Turismo de Gaifar (Panxón). A actividade está previsto que dure 2 horas e estará dirixida por persoal experto na materia. O Concello facilitará todos os medios para a recollida, sendo recomendable acudir con roupa e calzado cómodo, ademais de protexidos do sol.

Entre as especies invasoras máis comúns destaca a cortadeira selloana ou herba da Pampa e arctotheca caléndula, popularmente coñecida como margarita africana. Estas plantas se estenden rapidamente, impedindo que crezan as especies autóctonas; todo elo repercute nunha menor biodiversidade no sistema dunar, incluíndo á fauna, xa que non atopa os ingredientes fundamentais dos que alimentarse. «Ao fin é todo unha cadea, e a biodiversidade contribúe a conservar as dunas que, en definitiva, son as responsables de fixar o areal», resume o alcalde, Juan González.

O goberno de Nigrán iniciou en 2015 estas xornadas educativas e de limpeza que, en definitiva, buscan conservar nas mellores condicións o sistema dunar á vez que se conciencia á poboación sobre a súa importancia.