A Policía Nacional informa sobre unha modalidade de estafa mediante SMS para a recollida de paquetes

Varias persoas recibiron nas últimas horas supostosSMS de empresas de paquetería nos que lles indicaban que tiñan un envío pendente de recoller. Para iso informáballes que tiñan que picar unha ligazón que aparecía na devandita mensaxe e descargarse unha aplicación no teléfono móbil. Quen o fixo comprobou que o teléfono deixaba de funcionar correctamente, e aínda que se restablecese a valores de fábrica, algunhas aplicacións de mensaxería instantánea incluían contactos de persoas ás que non coñecían. Esta modalidade chámase “fishing”, e nela un delincuente envía unha mensaxe no que se fai pasar por unha empresa para tentar que a vítima se descargue unha aplicación aparentemente oficial, pero que resulta ser o que se chama un “malware”, e coa que consegue extraer os teus datos persoais.

Este tipo de estafas son máis comúns do que pode parecer, polo que o mellor é a prevención e o coñecemento, de modo que cunhas pautas podamos ser capaces de identificalas. Todas elas comezan cando recibimos unha mensaxe do tipo “O teu envío está pendente de entrega, sígueo aquí”, incluíndo unha ligazón que nos leva a unha páxina que aparenta ser da propia empresa e na que se che convida a descargar unha aplicación. Esta non é unha app oficial, senón unha APK fraudulenta que pedirá permisos para acceder á lista de contactos, xestionar chamadas e enviar SMS, e que en caso de aceptar terá acceso a todos os nosos datos persoais.

Como identificar este tipo de estafas

O máis básico, é que se non estamos a esperar ningún tipo de envío, isto debería facernos desconfiar. Se casualmente, si temos pendente a entrega dun paquete, temos que saber que non nos van a obrigar a descargar unha app para rastrexar o envío, xa que iso mesmo poderiamos facelo a través da propia páxina web. Ademais, en ningún caso utilízanse os dominios das páxinas web oficiais, aínda que tentan modificar algunha letra ou símbolo coa esperanza de que non nos fixemos e non nos deamos conta do engano. Finalmente, para as descargas app, as empresas reais sempre che enlazarán á tenda de aplicacións de iOS ou Android para facelo por unha vía segura.

Recomendacións

Ante a máis mínima sospeita, a Policía Nacional aconsella denunciar ante as autoridades os SMS potencialmente fraudulentos recibidos e, sobre todo, nunca acceder ás ligazóns que os acompañan. En caso de descargar a aplicación o primeiro que debemos facer é avisar ao noso banco para bloquear ou anular calquera pago descoñecido ou non autorizado por nós. A continuación accederemos a un terminal informático, ou a un teléfono móbil distinto ao que utilizaramos para facer a descarga da ligazón e cambiaremos todas as nosas claves ou contrasinais. Por último, e se fose posible, deberiamos avisar aos nosos contactos para advertilos do sucedido. E ante calquera dúbida, lembren, debemos contactar coa Policía Nacional, ben persoalmente ou a través do teléfono 091.