Anuncios
Ticker de novas

Nigrán organiza oito campus deportivos de verán para os máis pequenos

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Campus de Verán de Prado Surf Escola.

O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubs do municipio, organiza dende finais de xuño a finais de agosto oito campus deportivos orientados a nenos e adolescentes. O prazo de inscrición para participar en cada un deles arranca unha semana antes do comezo do mesmo, podendo apuntarse os interesados no campus de Prado Surf (do 26 ao 30 de xuño) dende este luns 19. As inscricións deben facerse na Oficina de Turismo de Panxón en horario de oficina (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas).

Todos teñen un custo de 60 euros (na maioría se contempla que os socios abonen 45 euros) e unha duración de catro ou cinco días, existindo nalgúns a posibilidade de empregar servizo de coidador para ampliar horario e permitir mellor conciliación familiar. Como novidade, este ano se incorpora un campus multideporte e de animación.

Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan o día 26 de xuño con Surf a cargo de Prado Surf e a continuación Surf Patos do 3 ao 7 de xullo. Os restantes van sucedéndose ao longo de todo o verán sen solaparse: baloncesto (Club Baloncesto Nigrán, do 10 ao 14 de xullo), ciclismo (Club Ciclista Rías Baixas), fútbol sala (Panxón Nigrán F.S., do 17 ao 21 de xullo) , tenis (Club Tenis Nigrán, do 24 ao 28 de xullo), multideporte e animación (Panxón Nigrán F.S. do 31 de xullo ao 4 de agosto), fútbol (E.D.Val Miñor, do 7 ao 11 de agosto) e ciclismo (Club Ciclismo Rías Baixas, do 21 ao 25 de agosto). O Concello achegará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.

Todos os detalles (datas de celebración, horario, idades…) poderanse consultar na web municipal ou no propio Concello ou Oficina de Turismo.

Anuncios