Anuncios
Ticker de novas

Detida unha veciña de Nigrán como presunta autora dun roubo nunha vivenda

A Garda Civil detivo en Vigo a unha veciña de Nigrán, E.L.M., de 31 anos, acusada da comisión dun delito de roubo con forza nas cousas nunha vivenda da localidade.

A investigación, levada a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, iniciouse a finais do pasado ano polo repunte de roubos con forza nas cousas que viñan sucedendo en vivendas situadas nunha zona moi concreta e delimitada da localidade de Nigrán.

As pescudas, que desde un principio orientáronse sobre unha veciña da mesma zona onde se producían os roubos, deron os seus froitos cando o equipo de investigación localiza nun comercio de venda de artigos de segunda man de Vigo, a práctica totalidade dos obxectos que subtraeran no anexo dunha casa situada na C/Camiño Pardiñeiro de Nigrán. Nesta ocasión subtraera unha bicicleta, dúas pas de ping-pong, dous balóns, un casco de bicicleta e un patinete.

O pasado luns día 12, esta persoa foi localizada e detida en Vigo cando pernoitaba no interior dun vehículo que estaba estacionado na vía pública.

Os numerosos antecedentes da detida, entre os que lle figuran varios roubos en interior de vehículos, todos eles nas inmediacións do seu domicilio e o feito de que se trate dunha persoa cunha forte adicción ao consumo de sustancias estupefacientes, fai que se estea investigando a súa presunta vinculación con outros cinco roubos en vivendas situadas na mesma zona.

Anuncios