Anuncios
Ticker de novas

Autobús gratuíto desde Baiona para asistir á Xuntanza de Maiores no Carballiño

O próximo 1 de xullo celebrarase no Carballiño (Ourense) a trixésimo novena Xuntanza de Maiores cunha interesante e completa programación. Para favorecer o traslado de todos aqueles interesados en participar, haberá un autobús gratuíto desde o Centro Sociocomunitario de Baiona para o desprazamento (a comida por conta de cada un poderá levar de casa ou realizala nalgún dos múltiples postos e/ou restaurantes da zona).

O número de prazas gratuítas é limitado ao autobús sinalado, polo que a inscrición de todos aqueles interesados realizarase por exclusiva orde de recepción, telefonicamente no 886.110.123 en horario de 14.00 a 20.00 horas de luns a venres e con data límite o martes 20 de xuño, ben no email do centro (c.b.s.baiona@xunta.es), ben persoalmente nas dependencias de Baiona na rúa Dolores Agrelo, 16.

Anuncios