Anuncios
Ticker de novas

Hostaleiros de Nigrán transmiten ao alcalde o seu malestar polas taxas abusivas das terrazas

FOTO: OVALMI

Unha representación dos hostaleiros de Nigrán reuniuse este xoves na sede da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) co alcalde, Juan González.

No encontro tratáronse temas de gran relevancia para a hostalería como son as taxas abusivas que o Concello cobra polas terrazas, a colaboración entre ambas as dúas institucións para eventos dirixidos a este sector, a celebración de eventos deportivos nas zonas de praia e os problemas que iso carrexa, entre outros.

Segundo informan desde OVALMI, o alcalde mostrou moito interese en todos os temas tratados, quedando pendente de informar sobre os avances que vaian tendo lugar.

Anuncios