Un avión do Exército do Aire español aterra en Torrejón con 10.000 equipos de protección individual

Un avión Hércules C-130 do exército do aire español chegou esta tarde á base aérea de Torrejón de Ardoz con 10.000 equipos de protección individual (EPI) procedentes da República Checa.

O envío responde á petición que formulou o Goberno o pasado luns ao Centro Euroatlántico de Coordinación de Respostas a Desastres da OTAN para que os aliados fornecesen material sanitario co que facer fronte ao Covid-19, tales como batas desbotables, respiradores, máscaras cirúrxicas e equipos de protección individual.

Na base aérea, o cargamento foi recibido polo secretario de Estado de España Global, Manuel Muñiz; o xeneral José Pérez, do Mando de Apoio Loxístico do Exército (MALE) e o xeneral do Exército do Aire, Pablo Guillén, xefe da Base Aérea de Torrejón.

Anuncios