Feira de Abril en Sabarís

FOTO: AIRES DEL SUR

O Casino Café de Sabarís celebra este sábado 10 de xuño a Feira de Abril. Ás 11:00 da mañá será a apertura da caseta, con tapas e bebidas típicas da feira. Ademais, haberá actuacións de sevillanas durante toda a xornada, con Secretos del Sur ás 13:00 horas, Alma Flamenca ás 16:30 horas e Aires del Sur ás 19:00 horas. Ás 21:00 horas, Flamenco en directo, con Miguel Flores á guitarra e a voz de Sandra Calderón, acompañados co baile de Isaías Salazar, pechará a feira. Pódense realizar reservas no teléfono 670 013 204.