A Concellería de Deportes de Baiona e o Club de Tenis Baiona organizan a XI edición do Torneo Escolar de Tenis, que se disputará este sábado 10 de xuño nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes e no Pavillón do CPI Covaterreña.
O total de escolares inscritos ascende a 96, repartidos entre as categorías participantes: prebenjamín, benjamín, alevín, infantil e cadete.
O torneo, ademais de buscar o propósito lúdico e deportivo, tamén ten unha connotación social un ano máis, xa que todos os participantes farán entrega de alimentos solidarios para ser entregados á ONG local ?Axuda ao Mundo Necesitado?.
O torneo desenvólvese desde as 9.00 da mañá, horario previsto para confirmar participantes, entrega de dorsais e localización de zonas de xogo, ata as 14.00 horas, momento no que se realizará a entrega de trofeos, agasallos a todos os participantes e sorteo de material deportivo.
Para o seu desenvolvemento habilitaranse 5 zonas, unha por categoría, contando con 2 pistas de tenis e 4 de mini tenis.

