Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Nigrán admite ao 100% dos solicitantes do seu campamento de verán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán publica hoxe na súa web municipal as listas de admitidos no seu campamento de verán, obtendo praza a totalidade dos 120 solicitantes (en caso de que algún menor renunciase á praza abriríase un período extraordinario de solicitude). O Campamento, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2005 e 2014 e desenvolverase dende o día 26 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres no CIP de Panxón en horario de 9.00 a 14.00 horas. “Estamos moi satisfeitos de que o 100% dos interesados en participar no campamento o poidan facer e de axudar a conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza”, sinala o alcalde, Juan González.

Anuncios