Anuncios
Ticker de novas

O Club Laroca celebra este sábado o VI Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Club Laroca organiza este sábado 10 de xuño a partir das 11 da mañá no Pavillón de Panxón o VI Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol, pertencente ao XII Circuíto Galego de Xadrez Promoción.

Disputarase nas categorías de sub 8, sub 10, sub 12, sub14 e sub 20 a sete roldas, ás 11 da mañá a primeira e ás 18:30 a derradeira, para a partir das 19:30 horas celebrar a entrega de premios e os sorteos de regalos entre os participantes.

Este ano como novidade organízase unha recollida de alimentos voluntaria entre os participantes e acompañantes.

As inscricións poden realizarse ata o xoves 8 de xuño ás 22:00 horas ou ata alcanzar os 200 inscritos no correo xadrezlaroca@yahoo.es ou no blog http://clubdexadrezlaroca.blogspot.com.

Anuncios