Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para participar na VI Travesía de SUP entre Nigrán e Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Prado Surf Escola organiza xunto con Waira e os Concellos de Nigrán e Baiona, a VI Travesía de SUP Nigrán-Baiona, que terá lugar o vindeiro domingo 18 de xuño.

O percorrido iniciarase desde a Praia de Panxón ás 11:30, e a chegada será na Praia da Ladeira, en Baiona, onde haberá unha paella para recuperar as forzas ao terminar.

O prezo da inscrición son 15 euros. Os que non dispoñan do material necesario para facer a travesía, poden alugar o equipo completo en Waira por 10 euros. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico waira@waira.net.

Ademais, desde as 14:00 ata as 18:00 horas, a organización ofrecerá bautismos de Paddle Surf gratuítos na Praia da Ladeira (Baiona).

Programa:

09:30 a 10:00 Confirmación de inscricións e recollida de táboas en Panxón
10:45 Peche de inscricións
10:30 Saída de autobús desde Ladeira a Panxón
11:00 Chegada de autobús a Panxón
11:30 Saída de Travesía desde Panxón (enfronte da caseta de Protección Civil, onde se acaba o paseo de Panxón)
13:30 Entrega de Premios en Baiona (Praia da Ladeira)
14:00 Paella en Wetsports Ladeira
14:00 a 18:00 Bautismos de paddlesurf gratuítos en Praia da Ladeira

Anuncios