Gondomar comeza a súa programación formativa para a xuventude cun curso de portugués

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar comezou este martes a súa programación formativa do 2017 cun curso de portugués de 80 horas.

A formación é totalmente gratuíta para os 15 mozos e mozas participantes e desenvolverase ata o 26 de abril en horario de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres, na Casa da Cultura. Ao acto de apertura asistiu o alcalde, Francisco Ferreira, e a Concelleira de Xuventude, Nuria Lameiro.

O portugués é o quinto idioma máis falado e estase a converter nun idioma emerxente a nivel laboral, é moi parecido ao galego debido á nosa proximidade xeográfica, e cada día son máis as demandas por parte de empresas de xente con coñecemento da lingua portuguesa.

Tendo en conta todo isto, a Concellería de Xuventude pon en marcha este curso dirixido prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, do Concello de Gondomar e desempregados, tentando garantir a máxima de que a mocidade do municipio teña un currículo diferenciador.

Anuncios