Anuncios
Ticker de novas

A VIII Carreira Solidaria recada 1.340 € en vales de supermercado para as familias necesitadas de Nigrán

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

Representantes de alumnos e profesores dos centros de Educación Especial de Panxón, do Juan María de Parada, da escola de educación infantil As Dunas e do colexio A Cruz de Camos entregaron onte nos Servizos Sociais do Concello de Nigrán 1.340 euros en vales de supermercado recadados na VIII Carreira Solidaria.

O xa tradicional evento deportivo, organizado polo colexio público de Panxón con motivo da Semana da Paz, contou un ano máis con cadanseu patrocinador adulto por cada corredor (este “padriño” paga un prezo previamente acordado entre eles por cada volta ao circuíto completada). O diñeiro recadado, como é habitual, destinouse integramente a vales de supermercado que o departamento de Servizos Sociais distribuirá entre as familias que o precisan, sendo especialmente indicados para a compra de produtos frescos.

“Estamos moi orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas aos docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible”, manifestou o alcalde, Juan González, na recepción de onte.

Anuncios