Nigrán tramita as solicitudes para participar no programa DepoTermal 2017

O Concello de Nigrán informa de que a Deputación Provincial de Pontevedra organiza e convoca novamente o programa “DepoTermal 2017” nas súas dúas modalidades: asistencia diaria e con pernoita en réxime de pensión completa.

A primeira opción consiste en pasar cinco mañás ou tardes seguidas dunha mesma semana no balneario Talaso Atlántico de Oia, facendo uso das súas instalacións e regresando diariamente a casa en autobús; a segunda consiste en gozar de estancias de 6 días e 5 noites en balnearios ou hoteis con spa da provincia, en réxime de pensión completa.

Este programa está destinado a persoas nadas antes de 1967, pensionistas, etc. O prazo para solicitalo termina o 30 de xuño. Os interesados poderán dirixirse (PREVIA CITA) aos Servizos Sociais de Nigrán. Teléfono 986 365 000.