Anuncios
Ticker de novas

Obdulio Iglesias Otero, novo Xefe da Policía Local de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Obdulio Iglesias Otero é desde este xoves o novo Xefe da Policía local do Concello de Gondomar. Foi o único candidato que se presentou á convocatoria aberta polo goberno municipal para cubrir o posto.

Na actualidade, o corpo da Policía Local de Gondomar conta con 9 axentes. A previsión do alcalde, Paco Ferreira, é alcanzar os 15 efectivos no ano 2019. Entre os obxectivos do novo Xefe da Policía Local está a prevención da delincuencia entre os máis novos e reforzar a coordinación coas Policías Locais de Nigrán e Baiona e coa Garda Civil.

Anuncios