Continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe con Cuarteto Dumka

Este venres 2 de xuño continúa o I Ciclo de Concertos do IES Auga da Laxe, en Gondomar, organizado polo Departamento de Música do centro, que se celebrará o primeiro venres de cada mes ata xuño.

Nesta ocasión actuará Cuarteto Dumka, formado por Marcos Escobar (violín), Elena Vázquez (violín), David López (viola) e Álex Costas (cello). O concerto comezará ás 20:30 horas no Salón de Actos do Instituto.

Interpretarán o Cuarteto nº 14, A morte e a doncela de Franz Schubert e o Cuarteto nº 8 de Dimitri Shostakovich.

Donativo 5 euros. Apertura de portas ás 20:00 horas. Ademais, haberá servizo de cafetería, catering e merchandising.