Anuncios
Ticker de novas

Arroxan pintura contra a Ex Colexiata de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Ex Colexiata de Santa María de Baiona amenceu este venres con varias manchas de pintura. Concretamente, o ataque produciuse na fachada lateral do norte, nos chanzos polos que se accede ao atrio a través da rúa Santa Liberata.

Na parede manchada con pintura vermella atópase a Cruz dos Caídos, un dos catro símbolos franquistas que aínda existen na localidade, probablemente o obxectivo dos autores.

O BNG iniciou no 2014 unha campaña para esixir a retirada de toda simboloxía fascista aínda existente na comarca de Vigo, localizando un total de 13 símbolos. En Baiona, ademais deste na Ex Colexiata, hai inscricións na fonte de subida á Virxe da Rocha e no lavadoiro do río Groba e unha placa na fachada do cemiterio.

Anuncios