Anuncios
Ticker de novas

Unha oliveira preside un novo espazo público no casco urbano de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Novo xardín público en Baiona.

O Concello de Baiona finalizou este xoves a construción dunha nova zona de descanso na intersección das rúas Palos de la Frontera e Tomás Mirambel, xunto á glorieta de República Arxentina que dá acceso ao casco urbano da Vila. A actuación levada a cabo polas concellerías de Vías e Obras e Medio Ambiente quedou rematada coa instalación dunha pérgola, bancos e unha oliveira en honor aos pobos irmandados con Baiona.

Operarios municipais traballaron durante os últimos días para reformar a entrada a Baiona pola rúa Tomás Mirambell e embelecer a área cun novo xardín. Ademais de mellorar a accesibilidade para os peóns na intersección das rúas, o Concello deseñou unha zona verde presidida por unha oliveira. Tamén instaláronse bancos e unha pérgola de madeira que poida protexer do sol aos usuarios.

Anuncios