Anuncios
Ticker de novas

Os socialistas critican que a mala xestión do goberno de Baiona supoña a subida de impostos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Agrupación Socialista de Baiona critica que pola mala xestión do grupo de goberno váianse subir os impostos municipais sobre os bens inmobles e o lixo. Medidas que provocaron o voto en contra do Grupo Municipal Socialista para o plan financeiro do Concello.

“Todo isto prodúcese por un desfase de medio millón de euros nun presuposto que rolda os oito millóns e medio de euros, a pesar de que o informe de intervención alertou en xaneiro do 2016 de que se ía producir dito desequilibrio orzamentario, e non se resolveu a continxencia”, sinalan os socialistas.

“Unha das consecuencias será que tanto Xunta de Galicia como Ministerio de Facenda intervirán a xestión económica do noso Concello durante os vindeiros 2 anos. Ademais disto non se vai paliar a débeda municipal do aparcadoiro do Aral. De todos os modos, o máis preocupante é que os veciños, mediante as subidas de impostos, van a estar obrigados a destinar parte dos seus recursos a resolver a mala xestión do grupo de goberno”, conclúen desde a Agrupación Socialista de Baiona.

Anuncios