Inscricións abertas para participar na VI Concentración Moto Club A Cento Cien

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // V Concentración Motoclub A Cento Cien.

O Moto Club A Cento Cien prepara a súa VI Concentración, que se celebrará en Gondomar os días 16, 17 e 18 de xuño. Serán tres días cheos de actividades, entre as que destacan rutas moteiras, xogos, exhibición de Miguel González Stuntrider, concertos, festas con dj e sorteos.

O total de prazas dispoñibles é de 300. As inscricións pódense realizar ata o 9 de xuño a través dos teléfonos 687 456 529 ou 637 077 988 cun prezo de 25 euros, ou 20 se se trata de media inscrición. O número de conta para realizar o ingreso é o IBAN ES48 2080 1194 6830 4000 1632. O prezo en despacho de billetes será de 30 euros.

Haberá unha zona de acampada cuberta, ou os que o prefiran, poderán aloxarse no Hotel Cristaleiro (986 369 017) ou no Hostal Paz (986 360 057).

VENRES 16

19:00 APERTURA INSCRICIÓNS, CAÑA E BOLSA.
22:30 PINCHADA DE BENVIDA INSCRITOS.
23:30 FESTA CON DJ FREDY.

SÁBADO 17

09:30 A 10:30 ALMORZO INSCRITOS.
11:00 APERTURA INSCRICIÓNS, CAÑA E BOLSA.
14:30 COMIDA INSCRITOS: 1º E 2º PRATO, SOBREMESA E CAFÉ.
17:00 RUTA MOTEIRA CON PINCHADA.
18:30 XOGOS MOTEIROS.
20:00 EXHIBICIÓN DE MIGUEL GONZÁLEZ STUNTRIDER.
22:30 CEA INSCRITOS: 1º E 2º PRATO, SOBREMESA E CAFÉ.
00:00 CONCERTO DE ROCK “MACHINES”.
01:30 SORTEOS E FESTA CON DJ FREDY.
03:00 SORTEOS E FESTA CON DJ FREDY.

DOMINGO 18

09:30 A 10:30 ALMORZO INSCRITOS.
11:30 RUTA CON PINCHADA.
14:00 ENTREGA DE TROFEOS.
14:30 COMIDA INSCRITOS 1º E 2º PRATO, SOBREMESA E CAFÉ.
16:00 FIN DA CONCENTRACIÓN.