Anuncios
Ticker de novas

Preto de 300 vespas e lambrettas percorren as comarcas do Val Miñor e Baixo Miño

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Preto de 300 vespas e lambrettas participaron este domingo na sétima edición da Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta, organizada por Vespamiñor Scooter Club. Desde as 10:00 da mañá, os pilotos e as súas motos, procedentes de toda Galicia, Almería, Asturias e Portugal -con clubs de Braga, Barcelos, Guimaraes, Povoa de Varzim, Maia, Felgueiras, Vila do Conde e Gaia-, foron chegando á Praza de San Campio da Ramallosa, onde recibiron unha bolsa cunha camiseta ademais dun almorzo cortesía de Rosquillas Cristaleiro.

Ás 11:30 da mañá comezaron a ruta polo Val Miñor e o Baixo Miño, pasando por Nigrán e Gondomar ata Tui. Alí, despois de concentrarse no Paseo da Corredoira, os participantes puideron coñecer a Zona Monumental cunha visita guiada, para ao finalizar, continuar ata o Parador de Baiona, onde desde as 15:00 horas ten lugar a comida, que se prolongará ata as 18:30 horas, cando finalizará o evento.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios