Anuncios
Ticker de novas

Dura derrota do Cereixa no primeiro asalto da Copa Galega

FOTO: CEREIXA FS

Derrota dura para o Cereixa Gondomar FS no primeiro asalto pola Copa Galega Sénior Masculina 16/17 nun partido espeso dos de Vincios atrás. O ataque do FSF Vila de Cee impúxose á defensa visitante e iso propiciou a diferenza no marcador nos minutos finais (5-1).

Agora, os pupilos de Rafael Salgueiro Troncoso e Nacho Troncoso Quintas teñen sete días para preparar a volta e saír a deixar a alma pase o que pase coa axuda da súa xente.

“Quedan 40 minutos para tentar darlle a volta e que ninguén dubide que imos poñer todo para gañar esta copa”, aseguran desde o club.

Anuncios