Anuncios
Ticker de novas

O Trinity College London examina a 60 alumnos da escola Royal Celtic Bay en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Os alumnos e profesoras, xunto co presidente de ACEBA e a directiva do Liceo Marítimo de Baiona.

Un ano máis o Trinity College London realizou os seus exames no centro examinador oficial de referencia do inglés do Val Miñor, Royal Celtic Bay, dirixido por Loreto Valenzuela Leyenda.

A esta convocatoria presentáronse un total de 60 candidatos dos seus dous centros de Baiona e Gondomar nos niveis B1, B2 e C1 ao exame ISE, que foron examinados das catro destrezas esixidas a nivel universitario para a obtención de calquera grao.

Este exame oficial do Trinity College London está calibrado externamente co marco común Europeo de referencia (EQF). O Trinity College London e os seus exames gozan da acreditación oficial de OFQual. Á súa vez os exames ISE forman parte do cadro de certificados para a acreditación de niveis da CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas) e da ACLES (Asociación de Centros de Linguas no Ensino Superior).

Apostando sempre pola cultura, futuro e formación, a realización deste exame contou coa colaboración de ACEBA, CCA La Real, a Concellería de Cultura do Concello de Baiona, dirixida por María Iglesias, e o Liceo Marítimo de Baiona, que facilitou as súas instalacións.

Anuncios