Arde un vehículo en Chaín tras o impacto dun raio

Un turismo ardeu por completo a pasada noite en Gondomar. O incendio aconteceu na parroquia de Chaín, no lugar da Mourisca. Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 6:10 horas. Indicaba no seu relato que cría que un raio provocara o lume.

Entón, dende o CAE 112 Galicia informábase do ocorrido ao GES de Val Miñor e aos Bombeiros de Vigo. Finalmente, os servizos de emerxencias sufocaron o fogo.

Anuncios