Anuncios
Ticker de novas

Baiona homenaxea aos seus maiores

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O Concello de Baiona celebrou este xoves a Festa das Persoas Maiores coa participación de 700 veciños do municipio. O alcalde, Ángel Rodal, presidiu os actos aos que tamén acudiron o ex rexedor e actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López Chaves.

O programa coordinado pola Concellería de Servizos Sociais iniciouse ás 12:30 horas coa celebración dunha eucaristía na Ex-Colexiata de Baiona. Os convidados, inscritos durante as últimas semanas a través dos servizos municipais, foron trasladados en autobuses ata o restaurante Rocamar, onde celebrouse a comida de confraternidade e, xa pola tarde, un animado baile.

“Esta homenaxe permite que unha vez ao ano as nosas persoas maiores teñan un espazo dedicado para eles e un momento de reunión, de reencontro”, destacou Carmen Paredes, concelleira de Servizos Sociais. Todos os presentes recibiron un pequeno agasallo feito polos nenos do Centro Juan María, unha libreta conmemorativa que tamén serviu para apoiar a iniciativa dos alumnos da asociación dedicada ás persoas con discapacidade intelectual.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios