Anuncios
Ticker de novas

A Xunta coordínase coa Garda Civil para mellorar o sistema de busca con drons de persoas desaparecidas

FOTO: XUNTA DE GALICIA

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) organizou hoxe na Estrada un exercicio de coordinación coa Garda Civil para mellorar o sistema de busca con drons de persoas desaparecidas.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, tomou parte nesta demostración, que se desenvolveu na sede da Academia Galega de Seguridade Pública e á que tamén asistiu o coronel da Garda Civil, Javier Jambrina. A participación da Garda Civil neste exercicio é fundamental en tanto moitas das desaparicións prodúcense no rural galego, onde a vixilancia e protección corresponde a este corpo de seguridade.

O obxectivo do exercicio foi coñecer mellor a utilidade destes vehículos non tripulados e acordar un procedemento para que a mobilización dos mesmos sexa o máis homoxénea e efectiva posible.

A unidade de drons da AXEGA está operativa desde mediados do ano 2016 e xa ten sido empregada na busca de persoas desaparecidas. Actualmente, a Axencia Galega de Emerxencias dispón de catro pilotos habilitados e catro drons.

2017-05-23 - 20170523DXEEIExercicioDrons7

Anuncios