Anuncios
Ticker de novas

Rubén Fernández gaña de novo a Carreira Master Concello de Gondomar

FOTO: CLUB CICLISTA GONDOMAR // Rubén Fernández, Iago Alonso e Helder Pereira no podio.

Rubén Fernández venceu na VI Carreira Master Concello de Gondomar celebrada este domingo. O corredor do Norinver Cycling Team foi o gran dominador da proba por segundo ano consecutivo, completando o circuíto de 75 quilómetros en 1:55:06. Intratable, facendo as dúas últimas voltas en solitario, cruzou a liña de meta a 2 minutos e 9 segundos do segundo clasificado, Iago Alonso (Chantadino C.C.). A terceira praza da categoría Master 30 ocupouna Helder Pereira (Rolda).

Na categoría Master 40 o primeiro clasificado foi Francisco J. Iglesias (Supermercados Froiz G.D.), seguido de Carlos Prado (De la Fuente C.C.) e Jose Ramón Caamaño (Chantadino C.C.), en segunda e terceira posición respectivamente.

Gonzalo Aguiar (Norinver Cycling Team) foi o campión na categoría Master 50, por diante do seu compañeiro Javier da, que ocupou a segunda praza, e Manuel Reinaldo (Rías Baixas C.C.), en terceira posición.

En Master 60 o vencedor foi Bernardo Gallego (Gondomar C.C.), seguido de Vitorino Pereira (Rolda), en segunda posición.

O premio especial de Meta Volante foi o máis axustado, levándollo Alberto Álvarez, do Lastra Team, mentres que o de Montaña foi para Hugo Marques, do Prorebordosa. O mellor equipo foi o Norinver Cycling Team.

A proba, organizada polo Club Ciclista Gondomar, consistiu nun circuíto de 15 quilómetros con saída desde a Praza do Concello, con subida a Chaín, Morgadáns, Peitieiros, Couso e volta. As categorías Master 50 e Master 60 tiveron que completar catro voltas, mentres que os Master 30 e Master 40, cinco.

Un total de 83 corredores cruzaron a meta. Os encargados de entregar os trofeos foron o alcalde, Francisco Ferreira, e as concelleiras Nuria Lameiro e Iria Lamas.

CLASIFICACIÓN VI CARREIRA MASTER CONCELLO DE GONDOMAR

Anuncios