A Camoesa organiza unha visita ao Parque Arqueolóxico Campo Lameiro

FOTO: PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE CAMPO LAMEIRO

A Asociación de Veciños A Camoesa organiza o próximo 4 de xuño unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre Campo Lameiro e Parque dos Sentidos, con saída ás 9 da mañá desde o Centro Cultural de Camos.

O prezo é de 14 euros para os socios e de 16 euros para os non socios, e inclúe traslado de ida e volta en autobús, entrada á exposición permanente do centro de interpretación, entrada e visita guiada ao área arqueolóxica acompañados por un arqueólogo profesional que desvelará todos os segredos para ver e apreciar o valor dos petróglifos, visita e explicación da recreación do poboado da idade de bronce e exhibición das diferentes técnicas de obtención do lume. A comida non está incluída (pódese levar ou comer no seu restaurante).

Os interesados poderán tamén participar nun obradoiro de cerámica coas mans de 1 hora de duración por 1,5 euros. Trátase dun obradoiro onde descubrirán un dos maiores inventos da humanidade, realizando todo o proceso de creación das típicas pezas da idade de bronce.

As inscricións pódense realizarán a través do WhatsApp 636 988 765. Depósito de 5 euros por persoa.