Anuncios
Ticker de novas

A Escola de Danza “Vila de Baiona” celebra o seu 6º Bai de Muiñeiras

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Unha das edicións do Bai de Muiñeiras.

A Escola de Danza Vila de Baiona organiza este sábado 20 de maio o 6º Festival Bai de Muiñeiras, que comezará ás 18:00 horas no Paseo Ribeira coa actuación dos grupos folclóricos A.C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui), Grupo Folclórico de Freixo (Valladares), A.C. A Meda do Castro (Sada) e Escola de Danza Vila de Baiona, Pandereteiras do Monteboi e Grupo de Gaitas A Seneira (Baiona). Previamente, ás 17:30 horas, haberá un pasarrúas e baile conxunto de todos os grupos participantes na entrada do Parador. En caso de choiva o evento trasladarase ao Auditorio V Centenario.

Anuncios