O Concello de Baiona, con familiares, amigos, e conveciños, homenaxeou a Beatriz Lijó Gesteira no primeiro aniversario do seu asasinato machista, un crime que conmocionou a todo o municipio. Gardáronse cinco minutos de silencio na Praza do Concello. O aplauso dos asistentes pechou o acto, ao que acudiron máis de medio centenar de persoas. O obxectivo deste sinxelo acto organizado polo Concello de Baiona foi lembrar á súa veciña no primeiro aniversario da súa morte e acompañar á familia, aos amigos e ás amigas neste día tan duro para eles e para elas e mostrarlle todo o seu apoio.
Baiona lembra a Beatriz Lijó Gesteira no primeiro aniversario do seu asasinato



