O Cupón Diario da Once deixa 105.000€ en Baiona

O cupón diario da Once repartiu 105.000 euros en Baiona, en tres cupóns do número 24.786 agraciados con 35.000 euros cada un correspondentes ao sorteo do 16 de maio.

A axente vendedora Mónica da Silva González é quen levou a ilusión da Once a Baiona, desde o seu punto de venda situado na rúa Elduayen número 20.

O cupón da ONCE do 16 de maio, dedicado ao Proxecto de Adestramento Cerebral Once-Vodafone, tamén deixou premios en Madrid, Comunidade Valenciana, Andalucía e Melilla.