Gondomar indulta á Sardiña

Máis dun centenar de persoas participaron no Enterro da Sardiña co que Gondomar pechou as actividades do Entroido organizadas pola Concellería de Cultura.

Despois do velorio no Auditorio Lois Tobio, o tempo deu unha tregua e ao final púidose saír á rúa. A comitiva fúnebre percorreu o centro urbano e, tras a lectura das súas últimas vontades, finalmente a Sardiña foi indultada.