Anuncios
Ticker de novas

Máis de 800 ciclistas participaron na XXVIII Festa da Bicicleta do Val Miñor

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Este mércores, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, celebrouse a XXVIII edición da Festa da Bicicleta. Este tradicional evento chega, como é costume, da man dos concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

A Vila Condal foi nesta ocasión a anfitrioa da celebración. Os primeiros en comezar a ruta foron os 355 ciclistas que se deron cita fronte o Concello, lugar desde o que iniciaron un percorrido de ida e volta, pasando pola Ramallosa, para recoller aos 186 veciños de Baiona na estrada de entrada ao Parador. De volta a Gondomar, o pelotón de Nigrán, que saíu desde o Pavillón de Panxón formado por 260 ciclistas, incorporouse na Ramallosa.

Ao finalizar o percorrido os máis de 800 ciclistas de todas as idades congregáronse na Praza de Ángel Urzáiz, onde se realizou o sorteo de agasallos, no que se repartiron tres bicicletas -unha por municipio-, 36 cascos, 30 pares de luvas e 30 botellas.

No acto estiveron presentes os tres alcaldes da comarca, Paco Ferreira, Ángel Rodal e Juan González, ademais da concelleira de Deportes de Gondomar, Nuria Lameiro.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios