O Centro Cultural de Mañufe conmemora o Día das Letras Galegas

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe conmemora este mércores 17 de maio o Día das Letras Galegas. O acto comezará ás 18:30 horas no Centro Cultural da parroquia cunha breve descrición do escritor Carlos Casares a través da lectura de fragmentos da súa obra por parte de veciños da parroquia.

A continuación, a sección infantil do grupo de teatro Xente Daquí e Dacolá representará a obra “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” de Carlos Casares, para finalizar coa entrega de premios do II Certame Literario “Verbas Novas” e a actuación do grupo Lembranzas Moañesas.