Baiona acolle o Campionato Galego de Seleccións Xuvenís de Fútbol Sala

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Presentación do Campionato Galego Xuvenil de Fútbol Sala, este martes en Baiona.

Baiona acolle este mércores 17 de maio a terceira edición do Campionato Galego Xuvenil de Fútbol Sala no que participarán seis seleccións (Lugo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense e A Coruña).

O Campionato Galego Xuvenil reunirá ás mellores seleccións de xogadores Sub-18 chegadas a Baiona dende Lugo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense e A Coruña. As dúas edicións anteriores se celebraron en Santiago, onde gañou Vigo, e en Pazos de Borbén, coa selección de Pontevedra como vencedora.

Os partidos disputaranse no Pavillón de Covaterreña, recentemente remodelado. As semifinais serán ao longo da mañá e pola tarde se coñecerá o novo campión galego.

O evento acollerá a preto de 100 deportistas, ademais de adestradores, equipos técnicos e familiares. Os organizadores tamén teñen previsto diferentes actividades para difundir o fútbol sala en Baiona e en toda a comarca. O Baíña Fútbol Sala conta con máis de 100 licencias federativas e este ano foi premiado polo Concello como mellor club do municipio na Gala do Deporte de Baiona.